Misión

O Arquivo Universitario ten a función de planificar, implantar e avaliar un sistema de xestión integral dos documentos, en calquera soporte, que abrangue dende a súa creación ou recepción nas unidades e servizos administrativos, ata a súa conservación definitiva ou eliminación de acordo co marco lexislativo e normativo aplicable.
Así mesmo, é a unidade encargada de conservar, organizar, describir e facer accesible o patrimonio documental da Universidade mediante criterios técnicos.

 
   
Visión

O Arquivo Universitario contribúe á racionalización e á calidade do sistema universitario facilitando a documentación necesaria para a resolución dos trámites administrativos e para os procesos de toma de decisións.
O Arquivo Universitario ofrece información sobre os fondos documentais da Universidade a tódolos membros da comunidade universitaria e á cidadanía en xeral.

 
   
Obxectivos




 
 

Implantar, desenvolver e avaliar o sistema integral de xestión de  documentos.
Favorecer a consecución de niveis de calidade na xestión        administrativa da Universidade.
Garantir a conservación e difusión do patrimonio documental da Universidade.

 

 

Universidade de Vigo    Secretaría Xeral    Biblioteca Universitaria