O patrimonio documental da Universidade de Vigo está constituído polo conxunto de documentos de calquera época xerados, recibidos ou reunidos no exercicio das súas funcións por:

  a) Os órganos de goberno colexiados e unipersoais da Universidade.
  b)

 
Os departamentos, centros e institutos universitarios en que está constituída a Universidade, así como outros centros que legalmente sexan creados, vinculados ou adscritos a esta.
  c) Os órganos, unidades e servizos administrativos da Universidade.
  d)

 
As persoas físicas ao servizo da Universidade no exercicio dunha función administrativa, docente ou investigadora. Cando finalice o exercicio das súas funcións específicas ou das tarefas de representación, a documentación xerada será transferida ao Arquivo Xeral.
  e)

 
As persoas físicas ou xurídicas, alleas á Universidade, que fagan unha cesión ou doazón expresa de documentos, unha vez que esta fose aceptada polos órganos correspondentes.
 


Universidade de Vigo    Secretaría Xeral     Biblioteca Universitaria