Misión

O Arquivo Universitario ten encomendada a función de planificar, implantar e avaliar un sistema de xestión integral dos documentos, dende a creación ou recepción nas unidades e servicios administrativos, ata a súa conservación ou eliminación definitiva, de acordo co marco legal e seguindo criterios técnicos.
Así mesmo, é a unidade encargada de conservar, organizar, describir e facer accesible tódolos fondos documentais, administrativos e históricos da Universidade.

 
   
Visión

O Arquivo Universitario contribúe á racionalización e á calidade do sistema universitario facilitando a documentación necesaria para a resolución dos trámites administrativos e para os procesos de toma de decisións.
O Arquivo Universitario ofrece un servicio de información eficaz a tódolos membros da comunidade universitaria e á ciudadanía en xeral.

 
   
Obxectivos

 
 

Implantar, desenvolver e avaliar o sistema de xestión documental da Universidade.
Favorecer a consecución de niveis de calidade na xestión administrativa da Universidade.
Garantir a conservación e difusión do patrimonio documental da Universidade

 

   
 
 
 

                      Universidade de Vigo    Secretaría Xeral     Biblioteca Universitaria